• Galego
  • Castellano
  • Menú
  • Buscador actividades formativas
  • Aula Virtual
  • Login
A miña actividade
  • INS Inscricións no ano
  • ACT Actividades recibidas
Actividades recibidas
  • AFA Actividades formativas activas
  • AFR Actividades formativas rematadas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servicio Galego de Saúde Consellería de Sanidade
  • Galego
  • Castellano
Actividades Formativas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servizo galego de Saúde Consellería de Sanidade

F Ficha Técnica do Curso

PROGRAMA POBOACIONAL DE CRIBADO DE CANCRO COLORRECTAL. UNHA VISIÓN DENDE A ATENCIÓN PRIMARIA

Datos técnicos do curso
Código 2622079
Organizado por Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Para consultas TELEFORMACION.ACIS@SERGAS.ES ACIS - TELEFORMACIÓN
Periodo de Inscrición 20/01/2026 - 31/12/2026
Datas de realización Dispoñible ata o 31 de decembro de 2026 //////////// ACCESO AO CURSO: Hai que inscribirse a través do Perfil ACIS. Unha vez inscritos, no propio Perfil ACIS teremos acceso ao curso na nova plataforma SHARE.
Lugar de realización Autoformación
Nº Prazas 0
Nº Inscritos 1736
Horario -
Horas Lectivas 5

Ficha do curso
Contidos xerais O cancro colorrectal: prevención primaria. Introdución, prevención primaria: dieta, exercicio físico, tabaco e alcol. O cancro colorrectal: prevención secundaria. Antecedentes, epidemioloxía, historia natural da enfermidade. Circuito xeral do Programa de Cribado do Cancro Colorrectal (PGDPCC). Introdución, esquema do circuíto. Papel da atención primaria: persoal de servizos xerais. Participación e tarefas do persoal de servizos xerais. Papel da atención primaria: persoal médico. Tarefas, informe precolonoscopia, consentimento informado. Papel da atención primaria: persoal de enfermería. A dieta, importancia da limpeza óptima para a realización da colonoscopia, entrega do produto de limpeza colónica indicado e instrucións de como tomalo. Seguimento do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC). Algoritmo de seguimentos. Tarefas que deben realizar os profesionais de atención primaria. Resultados do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC). Participación, tests positivos, lesións detectadas, comparación con estándares europeos.
Obxectivos coñecer as bases do Programa poboacional de cribado de cancro colorrectal e a situación actual do mesmo en relación coa participación e as taxas de detección acadadas, entre outros indicadores. Mellorar os coñecementos sobre o cancro colorrectal e a súa prevención. Fomentar a aplicación dos coñecementos adquiridos para incorporar na práctica clínica diaria o fomento da participación dos usuarios neste programa de cribado.
Destinatarios Médicos/as, enfermeiros/as, traballadores/as sociais e persoal de servizos xerais de atención primaria que teñan ou tivesen relación contractual co Servizo Galego de Saúde. Os/as profesionais que xa fixeran esta formación con anterioridade deberán deixar transcorrer cinco anos para poder volver a facela.
Créditos 0,5 CRÉDITOS PARA Enfermaría, Medicina
Acreditado por: Acreditado por COMISIÓN AUTONÓMICA DE FORMACIÓN CONTINUADA DE GALICIA

Descarga de documentación
Condicións de inscrición
Volver
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde
Turismo de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde